PRES DE CAMBRAI

Este conxunto, de amplo espectro sonoro, nace, da man de Belén Bermejo no ano 2014, coa intención de abordar diferentes proxectos que conxugan diversas disciplinas artísticas, como música, literatura, narración ou danza, acadando diferentes períodos históricos, sen pretensións historicistas, cunha clara intención didáctica e vocación de contemporaneidade. Ao tempo o busca o máximo rigor na concepción dos diversos proxectos, para ofrecer recitais íntimos e repousados nos que proporcionar ao público un goce, máis alá da pura contemplación estética.

O grupo toma o seu nome da cantiga do trobador Xohan Airas, A per quen perço o dormir, "... vestida dun pres de Cambrai, Deus, que ben lles esta manto e saia!", chiscadela á tradición literaria e musical do medievo, na que conflúen e atopan inspiración os integrantes desta singular formación.

Nos seus diferentes proxectos, Pres de Cambrai, se presenta acompañado por músicos e artistas procedentes do ámbito da música antiga, clásica, tradicional, do jazz ou do mundo da oralidade. Os seus integrantes desenvolven  individualmente un intenso labor concertístico en colaboración con diversos grupos como, Martin Codax, o Ensemble rosarum flores, o Grupo de Música Antiga 1500, Doa, o coro E Ultreia, Malandança, Decameron & cía., Solo Voces, Vox Stellae, Il Combattimento ou os Menestreis de 1500, entre outros.

O grupo fixo a súa presentación en agosto de 2014 en Vigo, con dous concertos no Verbum e no Museo Quiñones de León, nos que estreou un proxecto músico-literario arredor do centenario do achado do Pergamiño Vindel.

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos